![]() |
||||
|
Nado en Bande, provincia de Ourense, o 16 de novembro de 1877, morto en Madrid o 6 de decembro de 1960, Faustino Santalices é un anel de ouro que, por fortuna, chegou ata nós enteiro e sen mácula, de tal xeito que é unha testemuña excepcional que condensa o acervo musical da Galicia de gran parte do século XX, e por extensión, o marco cultural no que viviu, contribuíndo, de modo decisivo, á súa conservación e enriquecemento gracias ó seu inmenso labor. Ó longo da súa vida fixo gala dun carácter apaixoado e vehemente, entregado xenerosamente a tódalas facianas que tiñan que ver coa música tradicional. Comenzou a toca-la gaita da man do gaiteiro de Penalta, entrou no máxico mundo da zanfona cáseque por casualidade ó ver esa voz no órgano da catedral de Santiago, e deixouse levar pola súa curiosidade tanto no eido teórico e didáctico, como no práctico da construcción e perfecionamento dos instrumentos tradicionais. Salientar dous longos escritos , un sobre a gaita e outro afamado por tódolos segredos que nel viron a luz e que, con prólogo de Ramón Cabanillas, levaba por título 'A Zanfona'.
A primeira sesión realizóuse no 1929, aínda que outras memorias falan de 1927. Foron discos gravados pola casa Regal nos que Faustino Santalices aparece como voz e zanfona no 'Canto de romería' e 'Canto de seitura', e como gaiteiro, na compaña do seu inseparable Modesto Sánchez, interpretando 'Muiñeira de Cartelle', 'Pasacorredoiras de Arnoia' e 'Alborada antiga de Ourense'. Pasarían moitos anos ata o 1949, antes de que Faustino Santalices se metera de novo nun estudio de gravación. Esa histórica, espectacular e emocionante gravación fíxose na rúa Colón de Madrid, sen paradas, sen retoques, por un Faustino de cáseque 73 anos. Nalgún momento desa gravación participou o seu fillo tocando as cunchas . Daquela sesión, editada pola casa Columbia, nacía o mito e a lenda, xa que contiña pezas que eran todo un símbolo da riqueza expresiva da música galega : 'Alalá das mariñas', 'Axéitame a polainiña', 'Romance de don Gaiferos' e un longo etc. Daquela sesión nunca viron a luz dous temas que neste disco aparecen como primicias, ámbalas dúas pezas para zanfona : 'Marcha procesional' ( século XVI ), 'Santa Lucía pra Rairo' e 'Antiga alborada popular galega'. Parafraseando a Rosalía de Castro decir que na música tradicional Faustino Santalices «...en todo está i él é todo». De calquera galego, de calquera músico do mundo, de calquera amante dos mil universos tradicionais deste planeta : gracias, Faustino Santalices. Anton Seoane (Milladoiro) |
||||
![]() |
FAUSTINO SANTALICES Gravacións Históricas de zanfona 1927-1949 BOA / COLECCIÓN DO FOL CD l 30 l Ref.: 10002033 l BARRAS: 804071004321 Gravación
do ano 1949 : Editada no seu día por Discos Columbia co título
: Faustino Santalices " la zanfona": Gravación do ano 1927 : Editada
no seu día por Discos Regal: Gravación do ano 1949 : Inéditas: |
|||
FOTOS DE PROMOCIÓN
|
||||
Novedades
| Conciertos
| Boa Distribución
| Nuestros
artistas | Boa
Exports | Boa
Publishing | Tu
Opinión Importa
|
||||