Estos que tenéis ahora, como se tiene el calor de la luna llena en las noches Do Rego, son los cantos del camino claro. Y éstos los dedos que rasgan las lunas de Albeida en alborada, como si fuese posible, porque es posible, tocar la luna y saber que está dentro. Tan dentro como las manos que excavan la tierra desde la memoria de los tiempos y arrancan de la entraña alalás, tan dentro como el zumo de treixadura que sacia la sed en manantial, tan dentro como las sombras del paraíso que siempre habitaremos.

Albeida está dentro, solo así nace este dolor de desasosiego y audacia, esta calma del canto que se sabe de si mismo en lealtad y no urgencia de pasos impuestos por cosas que llaman mercados y tendencias. Albeida está dentro y es real, se duerme cada luna con las aguas del Tambre, y es la imaginada, la que sueña quien entrelaza música y pasión, y por eso se para en el camino, y por eso se escucha en silencio (tantos estallidos afuera) y por eso se abisma con el vértigo de quien anda en coherencia con su propio paso.

Este es el lugar, Albeida, de la música, y Rodrigo Romaní lo habita con la naturalidad de lo que es: un compositor, un intérprete, un creador. Toma de la tierra lo que las tierras de él y de sus antepasados le dieron, se lo devuelve con la sutileza de quien sabe que, siendo, non solo es suyo lo que entrega. Rodrigo Romaní crea y dibuja el aire hasta el detalle, con la sensibilidad de quien sabe que el resplandor de la luna como la música es también cuestión de detalles, una Albeida de melodías que nacen de la necesidad de ser en libertad. No es urgencia de carrera, muchos ya los caminos recorridos (mas de veinte años en milladoiros que marcan sendas), no es búsqueda de ecos, que quien ha navegado océanos distingue de los espejismos las ballenas, es la libertad de crear y sus riesgos.

Albeida son las melodías de dentro, un son guajiro de Rosalía caribeña, las polkas, las jotas, las muiñeiras que guardan aún en las uñas la tierra, la cantiga tradicional y la canción de quien compone en su siglo con la palabra de los poetas, y el jazz, y la improvisación, y la pieza sinfónica... que a nada renuncia quien crea, que a nada se niegan los dedos que rasgan la luna en Albeida, porque solo es música, la música incesante, la música en torrente, la música demorada que se reclama a si misma, la pasión de la música, nada mas, ni nada menos. - Texto de Ana Romaní

Rodrigo Romaní inicia una nueva trayectoria musical en solitario. Ha sido uno de los co-fundadores de la mítica banda gallega Milladoiro, con la que ha trabajado los últimos 22 años y con la que ha realizado más de 13 discos y diversas bandas sonoras para cine.

Como productor es responsable de diversos proyectos, entre los que cabe destacar el trabajo llevado a cabo en el primer álbum de Susana Seivane.

En la actualidad dirige el Conservatorio de Música Tradicional de la Universidad Popular de Vigo, donde además es profesor de arpa.

La grabación del disco tuvo lugar en los estudios As Galesas (Outes, A Coruña) y Casa de Tolos (Gondomar, Pontevedra). Las mezclas se realizaron en Madrid en los estudios Red Led. La masterización final se llevó a cabo en los estudios Digital Domain en Orlando (Florida, USA).

Para la elaboración del disco, Rodrigo Romaní ha contado con distintas colaboraciones. Uno de los temas es una obra sinfónica grabada con la The City of Prague Symphonic Orchestra, compuesta por él y dirigida por la batuta de su amigo Maximino Zumalave, director de la orquesta Real Filharmonia de Galicia. Entre los artistas invitados que han participado en la grabación de Albeida se encuentran: Susana Seivane, Anxo Pintos (BERROGÜETTO), Laura Quintillán, Alaín Pérez, Orquesta Camerata Viguesa, Coro Fiadeiro y Treixadura.

DOCUMETAL DEL PROYECTO

Todos los detalles del trabajo de creación y grabación de este laborioso y apasionado proyecto, han sido captados por el ojo de la cámara de Victorinio Lourido (TVG). El prestigioso productor Suso Iglesias, director del Xabarín Club, ha sido el realizador de un completo documental, fruto de las imágenes obtenidas.

Para la elaboración del vídeo se ha utilizado tecnología dígital de vanguardia. Su duración es de 30 minutos y su contenido incluye comentarios de los artistas relacionados con el disco.


RODRIGO ROMANÍ
Albeida

BOA

CD l 35 l Ref.: 10002023 l EAN13: 8429006102327

01. albeida
02. miña nai |
MP3
03. bungavíleas
04. laura
05. rasga o alén
06. nos ollos teus
07. quenta a lúa no rego
08. ule
09. canción de mendive
10. cantar do camiño claro
zume de treixadura
una cancion con tres partes
11. alalá de muxía
12. polca
13. xota
14. sombras do paraiso


FOTOS DE PROMOCIÓN

ENTREVISTA por Susana Abreu
Rodrigo Romaní: "A libertade ten un regusto moi doce"

Rodrigo Romaní é un home que osou camiñar pola senda que lle indica a sua voz interior. Tras 22 anos con Milladoiro, un grupo consolidado que supoñía o éxito e a estabilidade prácticamente garantizados, decidiu emprender a sua carreira artística en solitario na procura dun tempo recobrado, “ese que se perde para sempre se non estamos atentos a interpretar a sua memoria”. O resultado é Albeida, un disco cheo de beleza, no que Romaní da o mellor de si mesmo.

¿Sentíu vágado a hora de tomar a decisión de separarse de Milladoiro ou é que lle gusta improvisar na vida como os músicos de jazz, estilo que vostede admira?
A vida é pura improvisación, aínda que un se propoña o contrario, non hai posibilidade algunha de planificala, tan só unha vana ilusión de control que se esvaece á medida que un mergúllase no absurdo da condición humana. A decisión de abandonar Milladoiro ten que ver coa renovación ou a revolución persoal permanente na procura da satisfacción, do poder de desprenderse de cousas para gañar outras, tendo en conta que é máis importante o feito de poder facer o que as consecuencias que tal decisión poda traer.

¿Cómo se vive a soltería artística tras longos anos de matrimonio?
Extraordinariamente ben, teño que recoñecelo. Milladoiro existe agora no inconscente, e dende ali tenta influir nas decisións da vida conscente. É unha loita normal nestes casos, pero a libertade ten un regusto moi doce, a responsabilidade nas decisións asusta tan só si consideramos inxenuamente que esas decisión van cambiar algo trascendental. Tal inxenuidade non é propia dos que peiteamos canas xa fai bastante tempo.

Despóis dos seus antecedentes artísticos, plantexarse publicar un traballo en solitario exixía aumir a obriga de facelo ben, ¿está satisfeito co seu disco, Albeida?
Relativamente satisfeito, porque sempre cambiaría cousas a posteriori. Pero eso é algo consustancial á creación, sempre inacabada, sempre susceptible de reforma, o concepto de obra rematada non se produce senón na mente do que consume o producto, non do que o fabrica.

Vostede confésase un grande lector literario e un grande admirador de Proust. ¿Buscou con Albeida o seu tempo perdido?
Máis ben busquei o tempo recobrado, ese que se perde para sempre sin non estamos atentos a interpretar a súa memoria. Un tempo que se pretende ininterrumpido, un discorrer da vida o máis sinceiro posible consigo mesmo.

Ademáis, moitas das suas letras son poemas, foi realmente un traballo inspirado…
Os textos son esenciais no meu concepto de Albeida, ainda que non teñen un nexo argumental entre eles, falan de Rosalía, de relacións persoais, de desafíos para a indiferencia. Os textos suxiren música e ahí reside unha das suas virtudes máis importantes. A poesía galega ten un alto nivel en xeral, merece moito máis do que recibe actualmente en concepto de número de lectores e fomento á leitura.

O seu álbum é, asimesmo, un traballo heteroxéneo, onde se atopan dende sons da terra ata guajiras caribeñas ou algo de jazz. ¿Coida que o camiño dos artistas actuais pasa pola mistura e o mestizaxe musical?
Nunca, dende que a Humanidade existe, se deu o caso de que a música non fora mestiza. Música e mistura son conceptos inseparables non sentido de que non hai música que non proceda doutra anterior, con máis ou menos elementos novos. Os artistas actuais non deberíamos colgarnos a etiqueta da mestizaxe como se fose algo que inventáramos nós e que a sociedade nos debería consumir por tal razón. A mestizaxe non é unha virtude, unha cualidade ou unha moda, non é un símbolo nin un futuro nin unha realidade. A mestizaxe é una característica propia da arte humana de onte, de hoxe e de sempre.

¿Considérase un músico máis tradicional que moderno ou máis moderno que tradicional?
A tradición é un proceso ó que se ve sometido a música dunha sociedade particular. Dende ese punto de vista, son un músico tradicional. A modernidade é o punto de contacto da tradición co xeito actual de facer música. Dende ese punto de vista, son un músico moderno.

Vostede comenta que non descarta verse tocando en Pubs. ¿Pode un artista vivir da música hoxe en día?
A música é un conxunto de actividades que poden permitir unha dedicación exclusiva. Un músico pode vivir da súa profesión, pero non só de dar concertos. Depende do tipo de música que un faga, da súa repercusión (que pouco ou nada ten que ver coa calidade), e do que un considere "vivir".

¿Cal é o prezo que hai que pagar por facer o que che dé a gana?
Altísimo, máis alto do que un puidera imaxinar, pero sempre compensa.

Para unha das pezas do seu albúm, Sombras do paraiso, permitiuse o luxo de gravar coa Orquestra Filarmónica de Praga. ¿Cómo lle sentaron os bucólicos paseos filmados polo ollo dunha cámara que deu pola romántica cidade?
Mal. O ollo dunha cámara recorda demasiado ó Gran Hermano. Son consciente de que todos os que nos subimos a un escenario somos exhibicionistas, pero non chego a entender de qué xeito tan cómodo se mostran algúns que non teñen nada que mostrar.

Tamén, para gravar o seu disco contou coa colaboración dalgúns dos mellores artistas e grupos galegos, Anxo Pintos, Susana Seivane, Treixadura ¿Cal é o segredo para ter tan bos amigos?
Non hai segredo, tan só a seguridade de que valen tanto ou máis que ti.

Un deses colaboradores foi alguén moi especial, o seu can Cosme. Seica a sua voz casou sensación entre o público americano e anda de xira polos Estados Unidos. ¿Consideran a posibilidade de volver a gravar xuntos ou Cosme vai emprender tamén a sua carreira en solitario?
Gustaríame, pero o seu cachet faino totalmente inviable.

¿E qué me di dos veciños de Albeida? ¿Cal foi a sua reacción ó ser a paisaxe humana que lle inspirou o disco?
De simpatía, pero non de entusiasmo. Quizáis estean máis de volta de todo que eu.

¿Cómo reaccionaron os seus alumnos –Rodrigo Romaní é profesor de harpa na Universidade Popular de Vigo- ante a saída de Albeida? ¿Fixéronlle moito a pelota?
Na Aula de Arpa do Conservatorio de Música Tradicional da U. P. non temos aprobados ou suspensos, non hai motivos para facer pelotas. Un estudiante de música ten os seus gustos e preferencias e debería ter moita personalidade en escollelos. Albeida desperta opinións distintas, como debe ser.

Estase a preparar a saída dun novo xornal diario en galego para toda Galicia. ¿Cómo valora esta nova? ¿Cre que á música galega precisa maior difusión?
Se o novo xornal puidese non converterse en gran negocio que utiliza a confusión intencionada de conceptos moi distintos como son información, publicidade e propaganda, para o beneficio particular, sería extraordinario. De todos xeitos un diario en galego debería ser sempre benvido. O que necesita maior difusión é o deber do medio de comunicación de ser conscente de que ten que asumir a obriga da educación dos seus consumidores. A única posibilidade real de transformar a sociedade, de camiñar cara unhas relacións máis xustas reside actualmente na comunicación, de ahí precisamente o férreo control que os grandes grupos económicos exercen directa ou indirectamente en tales medios, impedindo a función educativa, e fomentando a culturilla falsa do "easy listen" ou os contos de fadas de reises e princesas. A cuestión é perpetuar a ignorancia.




Copyright © 2003 BOA COR, S.A. / BOA PUBLISHING, S.L. Todos los derechos reservados