Unha producción de Rodrigo Romaní baseada na obra do poeta Avilés de Taramancos.

Creado a partires da obra poética de Avilés de Taramancos (desaparecido fai dez anos e homenaxeado este 2003 coa dedicación do Día das Letras Galegas), 'Cantos Caucanos' e o novo traballo discográfico e escénico de Rodrigo Romaní.

Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na aldea Taramancos (Noia - A Coruña), de onde adoptou o seu nome literario. Nacido en Abril do 1935 e morto na Coruña en 1992, Avilés de Taramancos exiliouse en Colombia a principios dos anos 60 y alí viviu durante 20 anos. Tralo seu regreso a Galicia incorporouse á vida social, política e cultural do país onde exerceu a presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega e traballou coma concelleiro de cultura de Noia.

Algunhas de súas obras poéticas son as que seguen: 'As moradías do vento' (1955), 'A frauta e o garamelo' (1958) 'O tempo no espello' (1962), 'Cantos Caucanos' (1985) y 'As torres no ar' (1989). No ano 1992 publicouse a súa obra póstuma 'Última fuxida a Harar'. Avilés de Taramancos publicou a novela 'Crónica das Indias' (1992) e unha obra dramática para nenos, ademais de numerosas colaboracións na prensa que foron recollidas nun único volume.

Para Rodrigo Romaní, paisano e amigo persoal do poeta, Taramancos «representa o gran nivel alcanzado pola poesía do século XX que posúe unha personalidade que brilla con luz propia na paisaxe poética galega». Para Romaní «os elementos inconfundibles desta paisaxe son a música e a cor. A música, en tanto que a súa poesía ten ritmo e cadencia, remÍtenos constantemente a temas musicais. A Cor, porque a obra e froito e víctima dunha saudade de ida e volta que naceu en Avilés como consecuencia da emigración vivida ó longo dos vinte anos transcorridos en Colombia. Alí casou naceron os seus tres fillos e por mor disto o país colombiano deixou una profunda pegada na obra do escritor, aportándolle unha especial orixinalidade no léxico e a temática».

A producción musical 'Cantos Caucanos' e un intento de traducción á linguaxe musical desta dobre identidade propia de Avilés de Taramancos: A Cordilleira dos Andes e a Ría de Noia, a lírica galega e a paleta de cores da selva colombiana. Este disco intenta combinar os diversos elementos xa presentes no anterior traballo de Rodrigo Romaní, 'Albeida', que sorprendeu por novo e ecléctico. Neste segundo traballo en solitario se recollen os poemas máis musicais dos libros de Avilés de Taramancos: 'O tempo no espello', 'As torres no ár', 'Cantos Caucanos' y 'Última fuxida a Harar'.

Os músicos que interpretan esta recreación poética son profesionais de primeira fila con ampla experiencia no mundo do folk e o jazz galegos. Un dos cortes máis interesantes deste traballo discográfico e a recuperación da voz orixinal de Avilés de Taramancos gracias á restauración dun rexistro caseiro en formato de casete que o propio poeta gravou en Cali a principios dos anos 70, recitando un dos seus poemas máis emblemáticos, e que está acompañado nesta remasterización pola Orquestra Sinfónica Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave.

'Cantos Caucanos' sitúase no horizonte do renacemento do vínculo literario-musical, nese punto onde se entreveran poesía e música, lonxe da comercialidade e tra-la procura duna nova linguaxe que non esqueza os lazos coa tradición lírico-musical do noso país.

Músicos: Rodrigo Romaní (arpa, guitarra, baixo, bouzuki, requinta, ocarina, voz, teclados e programacións); María Arribe (voz); Carlos Castro (percusións); Xabier Cederrón (violín); César Longa (acordeón); Xoaquín Xesteira (gaitas, percusión, voz); Anxo G. Pintos (zanfona); Real Filharmonía de Galicia, Maximino Zumalave, director.

Gravado en As Galesas. Albeida (Outes) en marzo de 2003. Técnicos: Isaac Millán Lledó e Rodrigo Romaní. Mesturado en Casa de Tolos. Mañufe (Gondomar). Técnico: Segundo Grandío, asistente: Esteban Amorín. Masterizado por Segundo Grandío.

english version

versión español


RODRIGO ROMANÍ
Cantos Caucanos

BOA / COLECCIÓN DO FOL
CD l 32 l Ref.: 10002031 l BARRAS: 804071003522

01. Foliada da Cantiga Mareira
02. Lobo Deserto
03. O Piano
04. Solaina |
MP3
05. Primavera en Noia
06. Chachauí
07. Cautivo
08. Torres no Ár
09. Meu Capitán
10. A Cerdeira


FOTOS DE PROMOCIÓN


Copyright © 2003 BOA COR, S.A. / BOA PUBLISHING, S.L. Todos los derechos reservados